Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS nova saída de subestación de Cangas, no concello de Moaña, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407 2016/005-4).

A instalación denominada LMTS nova saída de subestación de Cangas, no concello de Moaña, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 4 de decembro de 2018, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Moaña.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmanse de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 12 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
LMTS nova saída de subestación de Cangas (Moaña)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 chan

ml aéreo

m2 aéreo

m2 subsolo

Concello

2

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

6

Moaña

17

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

90

Moaña

19

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

200

Moaña

20

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

15

Moaña

25

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

19

Moaña

29

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

54

Moaña

33

Ameixoada

Improdutivo

Descoñecido

-

-

-

-

32

Moaña