En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación do artigo 4 dos estatutos, relativo ao ámbito territorial, que pasa de provincial a autonómico.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e traballadoras, tanto en activo como en expectativa de emprego, parados e pensionistas, sen distinción de categorías, adicados a actividades relacionadas co transporte marítimo, pesca e navegación tales como os amarradores, remolcadores, traballadores non estibadores das empresas estibadoras, consignatarios, transportistas, autoridades portuarias, e administración pública, e en todas aquelas actividades económicas que interveñan no transporte marítimo realizadas en portos de Galicia.
Asinantes: Alexandre Montes Sueiro e César Otero Piñeiro.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego