Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo), promovido por Fenosa Wind, S.L. (expediente LU-11/139-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo) e promovido por Fenosa Wind, S.L. (expediente LU-11/139-EOL).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo) e promovido por Fenosa Wind, S.L. (expediente LU-11/139-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Fenosa Wind, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010, para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Serra do Punago-Vacariza (en adiante o parque eólico), cunha potencia de 48 MW e promovido por Fenosa Wind, S.L. (en adiante a promotora).

Segundo. O 20.6.2011, a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica, a declaración de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico.

Terceiro. O 1.6.2012 e o 3.7.2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, e Industria de Lugo (en adiante, a xefatura territorial) emitiu informes sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico. De acordo cos citados informes, non existe ningún dereito mineiro outorgado en vixencia no espazo proxectado para o parque eólico, e só existe a solicitude de permiso de exploración Santalla número 5542.

Cuarto. O 4.9.2012 a promotora presentou o documento Modificado nº 1 do proxecto de execución, agosto 2012, xunto coa relación de bens e dereitos afectados.

Quinto. Por Resolución do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, someteuse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Serra do Punago-Vacariza.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 12.12.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 14.1.2013 e no xornal El Progreso do 24.11.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Baleira, Baralla, Pol e Castroverde, e da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Alegacións respecto da localización proxectada do parque eólico, que produce impacto visual e ambiental que afectan a súa contorna, ao Camiño de Santiago e ao seu territorio histórico, á Vía Romana, ao resto de Camiños Reais, poboacións próximas e bens de interese cultural.

Sexto. O 4.4.2013, a xefatura territorial concedeu trámite de audiencia ao solicitante do permiso de exploración Santalla número 5542. O 18.6.2013 publicouse o trámite de audiencia no DOG e entre o 14.6.2013 e o 4.7.2013 no taboleiro de edictos do Concello de Madrid, sen que se recibise ningunha alegación do interesado.

Sétimo. O 17.10.2014, a promotora solicitou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, no cambio da posición de tres dos dezaseis aeroxeradores do parque eólico.

Oitavo. Por Resolución do 4 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as modificacións propostas do proxecto do parque eólico, por non influír no resultado do concurso, segundo a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

Noveno. O 15.2.2016, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 2 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Décimo. O 12.3.2016, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou informe ao que fai referencia o artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal. O 16.6.2016, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 31.5.2016.

Décimo primeiro. O 19.9.2016, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe ao que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, no cal se indica que o aeroxerador número 9 non cumpre coa distancia mínima ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

Décimo segundo. Con data do 7.4.2017, a promotora presentou ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a documentación Addenda número 2 ao proxecto executivo marzo 2017, para a solicitude de autorización das modificacións do proxecto de execución do parque eólico de acordo coas consideracións incluídas no informe ao proxecto sectorial do parque realizado pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sinalado no anterior antecedente de feito.

Décimo terceiro. O 8.6.2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu informe favorable respecto á modificación da posición do aeroxerador nº 9.

Décimo cuarto. O 27.11.2017, Fenosa Wind, S.L. presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia un escrito no cal solicitou a tramitación do proxecto do parque eólico conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Décimo quinto. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico, consonte a disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo sexto. O 16.1.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial datado en marzo de 2017 do parque eólico, informe favorable no cal se indica que todos os aeroxeradores cumpren a distancia mínima ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

Décimo sétimo. O 1.3.2018, a promotora solicitou unha modificación do proxecto, para adaptarse á evolución tecnolóxica, consistente no cambio de modelo de aeroxerador e a eliminación de catro dos dezaseis aeroxeradores, xunto coa presentación o 6.4.2018 da Addenda número 3 Proxecto de execución do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, marzo 2018.

Décimo oitavo. O 9.3.2018, a xefatura territorial informou que non constan variacións nos expedientes dos dereitos mineiros afectados polo parque eólico.

Décimo noveno. O 13.4.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu informe onde se considerou que non existen obxeccións aos cambios solicitados e impoñendo unha serie de condicionados.

Vixésimo. Por Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as modificacións do proxecto do parque eólico, por non influír no resultado do concurso, segundo a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

Vixésimo primeiro. O 30.4.2018, en aplicación do disposto no punto 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considéranse oportunos.

Vixésimo segundo. O 7.5.2018, a comunidade de Puñago recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Vixésimo terceiro. O 7.5.2018, a comunidade de Barrosa recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Vixésimo cuarto. O 7.5.2018, a comunidade de Furís recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Vixésimo quinto. O 7.5.2018, a comunidade de Pousada, Eirexe y Rego de Pereira recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Vixésimo sexto. O 7.5.2018, a comunidade de Quinta y Queirugal recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Vixésimo sétimo. O 16.5.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial refundido do parque eólico datado en marzo de 2018, informe no cal se recolle que os aeroxeradores A2, A3 e A4 incumpren a distancia mínima de 500 m respecto da delimitación do núcleo de Puñago.

Vixésimo oitavo. O 28.5.2018, a promotora remitiu unha modificación nas coordenadas dos aeroxeradores A1, A2, A3 e A4 para cumprir coa distancia mínima de 500 m respecto da delimitación do núcleo de Puñago.

Vixésimo noveno. Con data do 5.6.2018, a promotora presenta o documento Addenda nº 4 Proxecto de execución do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, xuño 2018, no cal se recollen a configuración e as características finais previstas para o parque eólico.

Trixésimo. O 7.6.2018, 29.6.2018, e o 11.7.2018, Fenosa Wind, S.L. presentou documentación relativa ás modificacións na relación de bens e dereitos afectados.

Trixésimo primeiro. O 13.6.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou que o proxecto do parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Trixésimo segundo. O 19.6.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático considera que non existen obxeccións aos cambios solicitados pola promotora, recollidos no punto vixésimo noveno.

Trixésimo terceiro. O 10.7.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou á xefatura territorial informe sobre a existencia de dereitos mineiros afectados polo proxecto modificado do parque eólico. O 31.7.2018 a xefatura territorial informou que as modificacións do parque eólico non afectan a novos dereitos mineiros dos que xa foron informados.

Trixésimo cuarto. Por Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as modificacións do proxecto do parque eólico, por non influír no resultado do concurso, segundo a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

Trixésimo quinto. Por Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, referida ao proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, promovido por Fenosa Wind, S.L. nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 8.8.2018 e no xornal El Progreso do 9.8.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo que emitiu o correspondente certificado de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados maioritariamente, en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– Respecto da necesidade de, previamente ao levantamento de actas previas e á ocupación dos terreos afectados, concretar e individualizar a superficie obxecto de ocupación e proceder á súa piquetaxe e implantación da mesma.

– Solicitude de expropiación total de parcelas afectadas parcialmente por entender que quedan inservibles para o seu normal aproveitamento.

– En relación á necesidade de acondicionar o acceso á superficie non expropiada dos predios afectados.

– Alegación respecto da localización proxectada do parque eólico, que produce afeccións sobre o proxecto executado de posta en valor do patrimonio natural mediante ruta de sendeirismo na parroquia de Masoucos (Castroverde), e a solicitude de ser emprazada como interesada no procedemento de expropiación.

– Solicitude de denegación da declaración de utilidade pública do parque eólico en canto non se realicen as modificacións de conformidade ás alegacións presentadas.

Trixésimo sexto. O 16.7.2018, en virtude de que na documentación achegada pola promotora o 7.6.2018 constaba que a comunidade de Puñago era titular de dereitos que podían verse afectados pola nova modificación, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura dun novo trámite de audiencia á comunidade de Puñago.

Trixésimo sétimo. O 18.7.2018, a comunidade de Puñago recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o prazo outorgado.

Trixésimo oitavo. O 19.7.2018 e o 10.8.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 10.7.2018, no cal informa favorablemente respecto ao parque eólico de Puñago-Vacariza.

Trixésimo noveno. O 2.8.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ratificou que as coordenadas contidas na Addenda nº 4 Proxecto de execución do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, xuño 2018, cumpren os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Cuadraxésimo. Por Resolución do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira, cunha potencia de 39,5 MW e promovido por Fenosa Wind, S.L. (DOG núm. 165, do 30 de agosto).

Cuadraxésimo primeiro. O 3.8.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico modificado. Para aqueles casos nos cales non foi posible efectuar a notificación, o 29.9.2018 publicouse anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio non compareceu ningún interesado.

Cuadraxésimo segundo. O 21.8.2018, esta dirección xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal o informe de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuadraxésimo terceiro. O 30.8.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal ratificou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o informe do 19.7.2018.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 15.2.2016, que se fixo pública por Resolución do 2 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 80, do 27 de abril) e nos informes do 8.6.2017, 13.4.2018 e 19.6.2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

3. En relación coas alegacións que fan referencia á afección sobre o patrimonio cultural, débese indicar que o proxecto conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 19.9.2014.

4. En relación coas alegacións que fan referencia á afección sobre o patrimonio natural, débese indicar que o proxecto conta co informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza de data 31.8.2012.

5. En relación á necesidade de acondicionar o acceso á superficie non expropiada dos predios afectados, a promotora comunicou que todas as parcelas afectadas polo proxecto do parque eólico contarán co debido acceso.

6. En referencia ás consideracións efectuadas sobre a denegación da declaración de utilidade pública, sinalar que esta faise en virtude dos artigos 54 y 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

7. En referencia á solicitude de expropiación total das parcelas afectadas parcialmente por entender que quedan inservibles para o seu aproveitamento, sinalar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.

8. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, en conformidade co informe da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 30.8.2018, ao que fai referencia o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Fenosa Wind, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: parque eólico Serra do Punago-Vacariza.

Potencia instalada: 39,6 MW.

Potencia autorizada (máxima evacuable): 39,5 MW.

Produción neta: 112.398 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.838 h.

Concellos afectados: Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo).

Orzamento de execución material: 31.351.916,08 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

641.006

4.763.226

2

641.716

4.763.336

3

642.856

4.759.776

4

643.676

4.758.626

5

642.876

4.758.286

6

639.976

4.759.286

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A1

641.589

4.762.348

A2

641.578

4.762.084

A3

641.630

4.761.825

A4

641.794

4.761.617

A5

641.195

4.761.374

A6

641.352

4.761.149

A7

641.556

4.761.022

A8

642.325

4.760.021

A9

642.449

4.759.671

A10

642.708

4.759.330

A11

643.025

4.759.045

A12

643.188

4.758.669

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

642.287

4.760.313

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 12 aeroxeradores Gamesa 132 de 3.300 kW de potencia nominal unitaria, 84 metros de altura de buxa e 132 metros de diámetro de rotor.

– 12 centros de transformación de 3.900 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, Dyn11, instalados individualmente no interior de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 85 metros de altura, equipada con viraventos, anemómetros, medidores de temperatura, medidores de presión e rexistrador de datos.

– Subestación transformadora, cun transformador principal 30/132 kV intemperie, de 50 MVA de potencia nominal, refrixeración ONAN/ONAF e conexión YNd11, e outro de servizos auxiliares 30/0,4-0,23 kV de 160 KVA, refrixeración AN e conexión Dyn11, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

– Liñas eléctricas subterráneas de 30 kV de tensión nominal, en condutor directamente enterrado en gabias, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e subestación transformadora 30/132 kV.

– Camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores, torre meteorolóxica, edificio de control e subestación eléctrica.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo.

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito quinto:

Saul Álvarez Fernández, o 9.11.2012; Amelia Pereira Torneiro, o 16.11.2012; Concepción Mosteirín Méndez, o 20.11.2012; Videlina Pereira Prieto, o 21.11.2012; Ángela Rey Ferreiro, o 21.11.2012; Jorge Calvín López, o 26.11.2012; Pilar Calvín Fernández, o 21.12.2012; Nieves González Pin, o 18.12.2012; César Lago Fernández en representación da MVMC de Puñago, o 18.12.2012; César Lago Fernández, o 13.12.2012; Óscar Lago Fernández e César Lago Fernández, o 13.12.2012; César Lago Fernández en representación da MVMC de Puñago, o 18.12.2012; Manuel Mirón Calvín, o 21.12.2012; Carlos Fernández Carballedo, o 12.12.2012; José Fernández Carballedo, o 12.12.2012; Carmen Fernández Balado, o 11.12.2012; Mª Alicia Gallego Becerra, o 5.12.2012; Manuel Fernández Fernández, o 14.12.2012; César Lago Fernández, o 13.12.2012; César Lago Fernández, o 25.6.2013; Benjamín Vázquez Gegúndez o 7.1.2013; Benjamín Vázquez Gegúndez, o 3.6.2013; Ángela Rey Ferreiro, o 14.1.2013; María Montserrat Lombardía Fernández en representación propia e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), o 18.1.2013; José Fernández Carballedo; o 23.4.2013; Manuel Fernández Torrón, o 23.4.2013; Mª del Mar Torrón Ramos en representación propia e de Mª Carmen Penelos e Lourdes Torrón Ramos, o 18.7.2013.

2. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito trixésimo quinto:

Fernando Castedo Dorado, o 30.8.2018; Albino Fernández Monteagudo, o 30.8.2018;

Fernando Castedo Dorado como presidente da Asociación Cultural e Veciñal de Santiago de Masoucos, o 30.8.2018.