Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 582/2018).

DSP despedimento/ceses en xeral 582/2018

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: José Ricardo Lareo García

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Fogasa, Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L.U. e Novocat Farma, S.A.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 582/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ricardo Lareo García contra Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L.U., Novocat Farma, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2018

Eu, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 582/2018, nos cales son parte, como demandantes, José Ricardo Lareo García, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo e, como demandados, Innovis Farma, S.L., Innnovis Laboratorios, S.L.U. e Novocat Farma, S.A., sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, que non compareceron a pesar da súa citación en legal forma, igual que pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes (…)

Decido:

Estimar a demanda interposta por José Ricardo Lareo García e, en consecuencia:

Declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución.

Condeno as entidades demandadas a que solidariamente aboen ao demandante a suma de 10.790,75 euros, SEUO en concepto de indemnización.

Condeno as entidades demandadas a que solidariamente aboen ao demandante a suma de 9.204,19 euros en concepto de salarios e cantidades asimiladas debidas ata o 22 de outubro de 2018 e a cantidade percibida a razón de 54,16 euros/día desde entón ata a data desta sentenza, cantidades que se verán incrementadas no 10 % en concepto de xuros de demora.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, se for o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L.U., e a Innovis Farma, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza