Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 67/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 67/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro, contra a empresa Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira e Ferreira, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 25 de outubro de 2018, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira e Ferreira, S.L.U., en situación de insolvencia total por importe de 39.347,23 euros en concepto de principal (7.855,85 euros indemnización + 30.631,19 euros salarios + 860,19 euros cantidades debidas), máis 3.955,77 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente e publicar esta no DOG, respecto das persoas físicas.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira e Ferreira, S.L.U., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na Conta de Consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0067 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0067 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende Neira e Ferreira, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza