Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 49002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do Plan de sectorización do parque empresarial de Outeiro de Rei.

De conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 27 de setembro, aprobou definitivamente a modificación do Plan de sectorización do parque empresarial de Outeiro de Rei CC1-1ª fase: modificación da ordenanza industrial, promovido polo Concello de Outeiro de Rei.

O contido íntegro do plan estará á disposición do público no seguinte enderezo electrónico: https://outeiroderei.org

O contido do informe ambiental estratéxico foi publicado no DOG nº 165 do 31 de agosto de 2017.

As medidas previstas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan consisten na realización dun informe trianual co seguinte contido:

– Número de edificacións construídas.

– Número de actividades adecuadas aos usos compatibles que se establezan no parque empresarial.

– Aumento da demanda de auga contabilizando o número de novos contratos de auga e o caudal anual correspondente aos devanditos contratos.

– Aumento das verteduras ao terreo de augas residuais contabilizado a partir da instalación de novas depuradoras e das medidas ou estimación de aumento de verteduras polas devanditas instalacións emprazadas no parque empresarial.

Contra o devandito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñer os recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para ditar e notificar a resolución.

Outeiro de Rei, 5 de novembro de 2018

José Pardo Lombao
Alcalde