Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 49004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela 2 do quinteiro 18096 do parque empresarial da Sionlla, rúa de Murcia, número 5.

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela 2 do quinteiro 18096 do parque empresarial da Sionlla (segregada da parcela D4b01a da reparcelación), segundo o proxecto presentado o 6 de xuño de 2018 por Compostelana de Transportes, S.C.G. (Compostra) e asinado polo equipo técnico MRM Arquitectos S.L.P. + avg.

A parcela localízase na rúa de Murcia, número 5, e figura no Catastro coa referencia 1809607NH4510H0000SF.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Parque-empresarial-Sionlla/gl.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais