Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 49001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do ámbito entre a estrada N-541 e a rúa de acceso a Corzos, na localidade da Fontela (Santa María de Amarante).

Con data do 4 de outubro de 2018, o Pleno do Concello de Maside acordou por sete votos a favor e dous en contra a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do ámbito entre a estrada N-541 e a rúa de acceso a Corzos, na localidade da Fontela, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública durante o prazo de dous (2) meses, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do artigo 60.6 en relación co artigo 83.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 144.6 en relación co artigo 200.5 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia). O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Santa María de Amarante.

Maside, 22 de outubro de 2018

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde en funcións