Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1024/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1024/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ramón Otero Núñez, Amable Pousada Ferradas, Miguel Ángel Ferro Tilve contra Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Ediciones Lenda, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., Fogasa, administración concursal de Edicións Lenda, S.L.U., administración concursal de Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Tense por desisitido a Jesús Ramón Otero Núñez, Amable Pousada Ferradas, Miguel Ángel Ferro Tilve e José Blanco Martínez da demanda promovida fronte a Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L. e Nivardo López Canoura.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Ramón Otero Núñez, Amable Pousada Ferradas, Miguel Ángel Ferro Tilve e José Blanco Martínez contra as entidades Ediciones Lenda, S.L. e a súa administración concursal e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Ediciones Lenda, S.L. e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. a que lle aboen aos demandantes as cantidades que se concretarán:

A Jesús Ramón Otero Núñez a cantidade de 7.311,24 € brutos por diferenzas salariais entre xaneiro e xuño de 2017, falta de aviso previo e compensación económica por vacacións, ademais de 339,24 € por horas extras, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 596,04 € por indemnización por fin de contrato.

A Amable Pousada Ferradas, a cantidade de 1.785,42 € brutos por salarios de agosto e setembro de 2017, compensación económica por vacacións e 2.128 € líquidos, complemento salarial devindicado entre xaneiro e xullo de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A Miguel Ángel Ferro Tilve, aboar 594,48 € brutos por salarios de agosto e setembro de 2017, compensación económica por vacacións, e 2.128 € líquidos por complemento salarial devindicado entre xaneiro e xullo de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A José Blanco Martínez, a cantidade de 916,12 € brutos por salarios devindicados en agosto e setembro de 2017, e compensación económica das vacacións non gozadas, 12.617 € líquidos por complemento salarial devindicado entre setembro de 2016 e xullo de 2017.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e Ediciones Lenda, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza