Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1045/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1045/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Omar Antonio Márquez Castillo contra Comedores de Obra Móviles, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di o seguinte:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Omar Antonio Márquez Castillo contra a entidade Comedores de Obra Móviles, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Comedores de Obra Móviles, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.203,32 € brutos en concepto de cantidades debidas por diferenzas salariais en marzo e abril de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, 220,33 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Comedores de Obra Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza