Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48944

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (676/2017).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fago saber que no procedemento de xuízo ordinario 676/2017 se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza: 129/2018.

Sentenza.

Vigo, vinte e un de setembro de dous mil dezaoito.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal seguidos por instancia de Vigo Camiño Novo, S.L., representado pola procuradora Rosa Marquina Tesouro, e asistido polo letrado Salustiano González Lojo, contra Adolfo Fernández Álvarez, Manuel Ángel Estévez Covelo e Cafetería Novo D. Ali, C.B., en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Decisión.

Estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Adolfo Fernández Álvarez, Manuel Ángel Estévez Covelo e Cafetería Novo D. Alí, C.B. a pagar a Vigo Camiño Novo, S.L. a cantidade de 15.470 euros máis o xuro do 20 % anual desde o día 6 de marzo de 2015, con expresa condena en custas da parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a d.a. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, Banco Santander, na conta deste expediente ES5500493569920005001274 (concepto 3640 0000 04 0676 17) un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente. Conforme a d.a. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, Banco Santander, na conta deste expediente ES5500493569920005001274 (concepto 3640 0000 04 0676 17) un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Sinatura do maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Adolfo Fernández Álvarez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza