Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48942

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1938/2018-MBL).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1938/2018-MBL

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 146/2018 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Walter Luis Samuelle Alonso

Avogado: Breogán Pérez González

Recorridos: Fogasa, Anseris Hostelería, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1938/2018 desta sección, seguido por instancia de Walter Luis Samuelle Alonso contra Fogasa e Anseris Hostelería, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da parte demandante contra a sentenza de data vinte e cinco de abril de dous mil dezaoito, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo nos autos número 146/2018, seguidos por instancias do demandante Walter Luis Samuelle Alonso contra a empresa Anseris Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza