Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, do Servizo Territorial da Zona Galicia Norte, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de deslindamento do dominio público hidráulico no lago resultante do enchemento do oco da explotación da mina de Meirama.

Vista a solicitude de petición de deslindamento presentada por Lignitos de Meirama, S.A. (Limeisa), co CIF A15021561, do 10 de agosto de 2018, para que esta entidade proceda a efectuar o deslindamento do lago resultante do enchemento do oco da mina de Meirama (concello de Cerceda) e tendo en conta que:

Antecedente único.

O interesado presentou un informe en que manifesta que, unha vez concluídas as actividades de recuperación do oco resultante da explotación mineira e finalizado o enchemento deste con auga, creouse un lago. Este lago, segundo a definición recollida na lexislación vixente en materia de augas, formaría parte do dominio público hidráulico.

Para determinar a delimitación do dominio público hidráulico, así como as súas zonas de servidume e policía, é necesario realizar o correspondente deslindamento.

O tramo por deslindar é o correspondente ao lago resultante do enchemento do oco da mina de Meirama, cuxo aliviadoiro existente de saída das augas se sitúan no punto definido polas coordenadas UTM aproximadas X=537.834; Y= 4.781.0797 (ETRS89).

As parcelas catastrais e bens que serían afectados polo dominio público hidráulico son:

Referencia catastral

Titular

15024A016000010000HB

Lignitos de Meirama, S.A.

As parcelas catastrais e bens que serían afectadas polas zona de policía do dominio público hidráulico son:

Referencia catastral

Titular

15024A016000010000HB

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015005870000HI

Lignitos de Meirama, S.A. (en investigación)

15024A015007280000HG

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015002670000HI

Fuentes Eirís, Manuel Antonio

15024A015004780000HL

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015004850000HO

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015007290000HQ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015007300000HY

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015007480000HE

Botana Tasende, María

15024A022003160000HQ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004660000HZ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004700000HU

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004670000HU

Moar Gómez, Antonio

15024A022002390000HS

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002290000HK

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002330000HR

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002350000HX

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002440000HU

Barbeito Moscoso, Jesús

15024A022004550000HK

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022003620000HR

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004450000HQ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002920000HT

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015004590000HJ

Feito Botana, Jesús

15024A015004820000HT

Lignitos de Meirama, S.A.

Visto o anterior, este servizo territorial propón o inicio dun expediente de deslindamento, correspondente ao lago resultante do enchemento do oco resultante da explotación da mina de Meirama, cunha lonxitude total por deslindar de 6.322 metros.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Normativa aplicable ao deslindamento de dominio público hidráulico

– Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, LAG.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio de Galicia, LPG.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas, LPAP.

– Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, TRLA.

– Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/4986, do 11 de abril, RDPH.

Segundo. Xustificación do deslindamento

1. A xustificación do inicio do presente procedemento de deslindamento atopase recollida nos artigos 119 da LPG e 50 da LPAP, referidos á potestade de deslindamento das administracións públicas. As augas terrestres rexeranse pola súa lexislación específica, nos termos establecidos no artigo 3.3 da LPG e na normativa básica estatal.

2. Segundo o artigo 2 do TRLA, considéranse dominio público hidráulico as augas continentais tanto as superficiais como as subterráneas renovables con independencia do seu tempo de renovación, os leitos de correntes naturais, continuas ou descontinuas, os leitos dos lagos e lagoas e dos encoros superficiais en leitos públicos, os acuíferos, para efectos dos actos de disposición ou afección dos recursos hidráulicos, e as augas procedentes do desalgamento do mar.

3. De conformidade co artigo 95 do TRLA, corresponde á Administración do Estado o apeo e o deslindamento dos leitos de dominio público hidráulico, que serán efectuados polos organismos de bacía. Pola súa parte, o artigo 11.1 da LAG establece que no ámbito da xestión das bacías intracomunitarias corresponden a Augas de Galicia as competencias que o ordenamento xurídico vixente en materia de augas atribúe aos organismos de bacía.

Terceiro. Incoación e procedemento

A delimitación física do dominio público hidráulico realízase mediante o procedemento administrativo de deslindamento, definido nos artigos 240 a 242 do RDPH. Una vez iniciado o procedemento administrativo de deslindamento e mentres dura a súa tramitación, non poderá instarse procedemento xudicial con igual pretensión.

O prazo para resolver a aprobación do deslindamento e notificar a dita resolución será dun (1) ano previsto na disposición adicional sexta do TRLA.

A súa incoación será sempre de oficio segundo o previsto no artigo 241 do Regulamento do dominio público hidráulico.

A competencia para tramitar este procedemento, tendo en conta o disposto no artigo 19 do Estatuto da entidade pública empresarial de Augas de Galicia aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, corresponde á Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico. Con data do 28 de xullo de 2015 a dita subdirección acordou que este procedemento se tramitase ata a fase de proposta no Servizo Territorial da Zona Norte de Augas de Galicia.

Cuarto. Suspensión cautelar dos procedementos de concesión e autorización

Segundo o establecido en el artigo 241.3 do RDPH, este acordo supón a suspensión cautelar do outorgamento de concesións e autorizacións que poidan afectar o dominio público hidráulico ou poidan afectar os traballos que deban realizarse para a súa delimitación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Iniciar o procedemento de deslindamento do dominio público hidráulico no oco resultante da explotación da mina de Meirama no termo municipal de Cerceda, cuxo perímetro é (lonxitude total do tramo por deslindar) de 6.322 m.

Segundo. Proceder á apertura dun período de información pública de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña para que calquera persoa física ou xurídica poida presentar as alegacións que considere pertinentes en relación co deslindamento, en aplicación do artigo 242.2 do RDPH.

Terceiro. Comunicar a presente resolución aos titulares das parcelas e bens afectados polo treito que se deslindará ou as súas zonas de protección, outorgándolles un prazo dun mes desde a súa notificación para que poidan presentar canta información coiden conveniente sobre o treito que se ten que deslindar en función do disposto no dito artigo.

O que se comunica aos interesados por medio da presente publicación.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Galicia Norte