Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización de contratos administrativos de servizo, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: servizo.

a) Descrición: elaboración do plan específico para a xestión do risco de inundacións nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), río Ulla e río Sar ES014-CP 05-02-11.

Número de expediente: OH.088.386.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 163, do 29 de agosto de 2017.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 177.780,05 euros. Importe total: 215.113,86 euros.

Data de adxudicación: 17 de agosto de 2018.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 132.428,36 euros. Importe total: 160.238,32 euros.

Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2018.

Contratista: Aquatec Proyectos para el Sector del Agua, S.A.U.

b) Descrición: elaboración do plan específico para a xestión do risco de inundacións nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), río Anllóns ES014-CO 10-01-04.

Número de expediente: OH.015.1127

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 164, do 30 de agosto de 2017.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 78.908,90 euros. Importe total: 95.479,77 euros.

Data de adxudicación: 17 de agosto de 2018.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 60.444,22 euros. Importe total: 73.137,51 euros.

Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2018.

Contratista: Aquática Ingeniería Civil, S.L.

c) Descrición: elaboración do plan específico para a xestión do risco de inundacións nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), río Lagares ES014-PO 01-02-07.

Número de expediente: OH.036.1121.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 162, do 28 de agosto de 2017.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 91.312,27 euros. Importe total: 110.487,85 euros.

Data de adxudicación: 17 de agosto de 2018.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 68.575,00 euros. Importe total: 82.975,75 euros.

Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2018.

Contratista: Aquatec Proyectos para el Sector del Agua, S.A.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 5, Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos. Prioridade de investimento 5.2, Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes. Obxectivo específico 5.2.1, Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil. Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO), Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia