Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de outubro de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Jocaso II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Jocaso II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito de data 27 de setembro de 2018, Javier Rouco Paredes solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante apartamento sucesorio, da concesión administrativa e da batea Jocaso II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante apartación, a favor de Isabel Baqueiro Sotelo (35302223Y), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jocaso II.

Situación:

Cuadrícula nº: 40.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis), ostra xaponesa (Crassostrea gigas).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Javier Rouco Paredes (76806908H).

Nova titular: Isabel Baqueiro Sotelo (35302223Y).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 18 de outubro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños