Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-01444-O-2017 e catro máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-01444-O-2017 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01444-O-2017

8372-BDB

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

1.9.2017; 16.28.00; A-52; 239

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02523-O-2017

7332-FFJ

Ángel Luis Dordi Mendes

34988553X

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

24.5.2017; 16.23.00; AP-9; 137,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-02548-O-2017

7332-FFJ

Ángel Luis Dordi Mendes

34988553X

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

24.5.2017; 16.25.00; AP-9; 137,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02976-O-2017

7666-DMM

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

20.6.2017; 18.50.00; A-55; 21,426

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02931-O-2017

VI-6186-W

Nourdine Hellili

X3548415K

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA até 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

23.8.2017; 12.16.00; AC-524; 12,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.200 euros