Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01983-O-2017 e trece máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número LU-01983-O-2017 e trece máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01983-O-2017

0412-FLB

David Ansede Carballeira

76583728F

O exceso igual ou superior ao 10 por cento e inferior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 16 %.

9.8.2017; 6.55; N-VI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950 euros

PO-01883-O-2017

PO-7005-AX

Óscar Alonso Bastos

76996726V

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

10.4.2017; 20.13; A-55; 18,5

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-02089-O-2017

8347-JLY

José Manuel Pontes Gómez

36086829J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

4.5.2017; 21.29; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-02522-O-2017

7332-FFJ

Ángel Luis Dordi Mendes

34988553X

Atenuante-Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

24.5.2017; 16.18; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra e) LOTT

601 euros

PO-02595-O-2017

PO-5212-BP

Jorge Paulo Esteves Sequeiros

X2253415J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.5.2017; 11.43; AP-9V; 3,75

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-02983-O-2017

0061-BRD

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

26.6.2017; 13.01; PO-552; 67,0

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02984-O-2017

1666-DKM

María Nuria Nieto Prego

76898811J

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.

27.6.2017; 12.59; PO-510; 2,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

PO-02985-O-2017

1666-DKM

María Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.6.2017; 12.59; PO-510; 2,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-03175-O-2017

1291-JJJ

Sara Bosque Lovis

49736211E

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

11.7.2017; 12.29; PO-325; 1,145

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-03282-O-2017

8382HYT

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

17.7.2017; 10.23; N-550; 140,8

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-03526-O-2017

9087-CVG

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

28.8.2017; 12.42; PO-542; 5,802

Art. 141.25 LOTT Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03527-O-2017

9087-CVG

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

28.8.2017; 12.53; PO-542; 5,802

Art. 141.9 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-03794-S-2017

PO2168BB

Abdelkebir Mouiya Bounouara

78141300L

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

12.9.2017; 20.30; avda. Compostela s/n

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-04086-S-2017

0018-DBX

Maribel Domínguez Rodríguez

34975747S

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

25.8.2017; 10.20; avda. Madrid con estrada Vilar

Art. 141.25 en relación art. 140.15.8 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

801 euros