Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48525

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2048/2018 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2048/2018 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 201/2016. Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Central Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L., Carlos Vázquez Blanco

Avogada: María Belén Pousada Vales

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2048/2018 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Central Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L. e Carlos Vázquez Blanco, sobre xubilación, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimamos, sen entrar no fondo dada a súa inadmisibilidade apreciada de oficio, o recurso de suplicación interposto polo INSS e a TXSS fronte á sentenza do 17 de xaneiro de 2018 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada nos autos número 201/2016 seguidos por instancia de Carlos Vázquez Blanco, que declaramos firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Central Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza