Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48523

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2018 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o acceso á escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Por Resolución reitoral do 9 de febreiro de 2018 (DOG do 23 de febreiro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Por Resolución reitoral do 21 de marzo de 2018 (DOG do 4 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web
https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 10 de decembro de 2018, ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas da Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou non se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela