Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48527

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2017).

José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 38/2017 seguido por instancia de Volkswagen Finance, S.A. E.F.C. fronte a María Mercedes Mariño Iglesias ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 194/2017

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Volkswagen Finance, S.A. E.F.C

Procurador: Sr. Cons Núñez

Avogado: Sr. Pérez Ares

Demandada: María Mercedes Mariño Iglesias (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 38/2017, sobre reclamación de cantidade.

En Santiago de Compostela o 24 de novembro de 2017.

Decido estimar parcialmente a demanda interposta por Volkswagen Finance, S.A. E.F.C., representada polo Sr. Cons Núñez, contra María Mercedes Mariño Iglesias, en rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar á demandante 14.123,13 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (o 13 de xaneiro de 2017).

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, e débese xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo, Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

E encontrándose a devandita demandada, María Mercedes Mariño Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza