Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, na parcela seguinte:

27061M003000470000KG.

Tendo sido a notificación infructuosa, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa na parcela citada.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen perxuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Trabada, 10 de outubro de 2018

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa