Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de venda de dez prazas de garaxe.

Con data do 23 de outubro de 2018, a alcaldesa do Concello do Porriño adoptou acordo de venda de 10 prazas de garaxe localizadas no soto 1º da urbanización da praza do Cando; acordo cuxa parte dispositiva establece o seguinte:

Decreto.

1º. Aprobar o prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexerá a licitación para e adxudicación da venda de 10 prazas de garaxe mediante procedemento aberto.

2º. Aprobar o expediente de contratación e dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación, convocando licitación mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e taboleiro de edictos do Concello.

3º. Rematado o prazo de presentación de ofertas déase conta das ofertas presentadas pola mesa de contratación ao órgano de contratación.

O prego de condicións regulador da licitación está á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Contratación na Casa Consistorial do Concello do Porriño para os efectos da formulación de propostas polos interesados.

O que se fai público para efectos de xeral coñecemento e para os efectos de que os interesados na citada venda poidan presentar as súas propostas ante a Administración nun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir da derradeira das publicacións significadas na parte dispositiva do acordo.

O Porriño, 24 de outubro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa