Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48182

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D31/2018, do 25 de outubro de 2018, pola que se nomea profesor contratado doutor a Francisco Javier Rodríguez Rodríguez (PCD-11).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-11 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) sito na Escola Naval Militar de Marín, convocada por resolución D/019/2018, do 8 de agosto de 2018 (DOG do 21 de agosto) e presentada polo candidato proposto a documentación á que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, en uso das súas atribucións, resolveu nomear a Francisco Javier Rodríguez Rodríguez, con DNI 34985955B, profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa sito na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 25 de outubro de 2018

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar de Marín