Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Norvento, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, a utilidade pública para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV evacuación PE Neda, no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2017/1-0).

Logo de examinar o expediente instruído a petición da empresa Norvento, S.L., con domicilio para os efectos de notificacións en rúa Ramón María Aller Ulloa, 23, 27003 Lugo, en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a LAT 132 kV evacuación PE Neda (en diante, LAT PE Neda) resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 22.9.2017, Norvento, S.L., solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da LAT PE Neda. A finalidade desta instalación é a evacuación da enerxía eléctrica producida no parque eólico Neda, sendo as súas características técnicas básicas as seguintes:

Segundo. O 24.11.2017, Norvento, S.L. solicitou a continuación da tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Terceiro. O 21.12.2017, o Consello da Xunta declarou de especial interese o proxecto do parque eólico Neda e o da súa liña de evacuación.

Cuarto. O 1.2.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático informou que logo de ver as características do proxecto, considérase que non está incluído en ningún dos supostos recollidos no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, polo que non procedería a tramitación de avaliación de impacto ambiental.

Quinto. O 6.2.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT PE Neda que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 6.3.2018 e no diario El Progreso do 28.2.2018, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do concello afectado (A Pastoriza). Durante o mencionado período de información pública non se presentaron alegacións.

Sexto. Simultaneamente ao trámite de información pública, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiulle a separata técnica do proxecto de execución ao Concello da Pastoriza, para os efectos de obter o seu informe. O 21.2.2018, o mencionado concello comunicou que non ía establecer condicionado ao proxecto.

Sétimo. O 12.3.2018, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, a xefatura territorial) informou que o trazado da LAT PE Neda non afecta a dereitos mineiros en vigor.

Oitavo. O 15.3.2018, a xefatura territorial emitiu un informe técnico favorable sobre o proxecto de referencia, ademais do informe do 14.3.2018 de que non se aprecian limitacións para a imposición de servidume de paso.

Noveno. O 7.5.2018, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, en vista do informe emitido polo Distrito Forestal X, comunicou que a localización das instalacións previstas non afecta a montes veciñais en man común, convenios ou consorcios coa Administración forestal.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en virtude da disposición adicional terceira da mesma lei, introducida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no capítulo IV do título II da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como na demais normativa de aplicación. Así mesmo, cumpríronse as disposicións establecidas na Lei 8/2009, do 22 de decembro, que resultan de aplicación a este procedemento, en virtude da disposición adicional terceira da mesma lei.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a Norvento, S.L., a autorización administrativa previa da LAT 132 kV evacuación PE Neda, emprazada no concello da Pastoriza.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto da LAT 132 kV evacuación PE Neda, composto polo documento «Proyecto LAT 132 kV evacuación P.E. Neda. TM da Pastoriza. Setembro 2017», asinado polo enxeñeiro industrial do ICAI Pablo Fernández Castro (colexiado nº 985/201).

As características principais da instalación recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.

Denominación: LMT 30 kV evacuación PE Neda.

Orzamento total (IVE incluído) de 182.162,38 €.

Finalidade: evacuación da enerxía eléctrica producida no parque eólico Neda.

Concello afectado: A Pastoriza (Lugo).

Características técnicas da infraestrutura eléctrica:

a) Liña eléctrica subterránea de simple circuíto, enterrada baixo tubo, en condutor XLPE 76/132 kV 300 mm2 Al e pantalla Cu 95 mm2, cunha tensión nominal de 132 kV e unha capacidade de transporte de 78 MW.

b) A liña eléctrica ten unha lonxitude total de 275 metros, con orixe na subestación do PE Neda e final no apoio N2 da LAT 132 kV apoio nº 35 LAT sub. Mondoñedo a sub. Meira-sub. PE Farrapa I, Farrapa II e Neda.

c) Recóllense ademais as seguintes instalacións e actuacións:

• Conxunto de transición aéreo-subterráneo disposto sobre o apoio N2 da LAT 132 kV apoio nº 35 LAT sub. Mondoñedo a sub. Meira-sub. PE Farrapa I, Farrapa II e Neda.

• Eliminación do tramo desde o apoio N1 ao apoio N2 e substitución do apoio N2 polo apoio N1 na mencionada liña eléctrica.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto da citada liña eléctrica, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto que por esta resolución se autoriza.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro; o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio; así como as demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

4. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

5. O prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos, contados a partir do presente outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

Unha vez solicitada a autorización de posta en servizo, a xefatura territorial será a encargada de emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano As built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións da liña eléctrica.

7. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

8. Esta resolución emítese sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

9. A presente resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas