Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de acondicionamento de local para oficina de emprego de Ferrol-Esteiro (expediente 2017_004_SXT_OPL).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Número de expediente: 2017_004_SXT_OPL.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición: obras de acondicionamento de local para oficina de emprego de Ferrol-Esteiro na avda. de Vigo, nº 135-137, Ferrol (A Coruña).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Admisión de prórroga: non.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 45000000-7 Traballos de construción.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 27 de xuño de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: catrocentos noventa e oito mil seiscentos oitenta euros con corenta e oito céntimos (498.680,48 €), IVE incluído.

Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde TMS/658/2018, do 18 de xuño, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2018, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado, incluíndo aquelas destinadas á execución do Programa de acción conxunto para a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración ou a norma que a substitúa.

5. Valor estimado: catrocentos doce mil cento trinta e dous euros con sesenta e tres céntimos (412.132,63 €).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de outubro de 2018.

b) Data de formalización: 19 de outubro de 2018.

c) Contratista: Iam Rumbo Instalaciones y Obras, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 328.800,48 € + 69.048,10 € (IVE 21 %) = 397.848,58 €.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria