Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 121/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Mejía Quezada contra Janet Milagros Martínez Hernández e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e sete de setembro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Janet Milagros Martínez Hernández en situación de insolvencia total por importe de 1.254,8 euros en concepto de principal (1.020,28 euros en concepto de salarios, pagas extra, vacacións e indemnización, 195,27 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que ascenden a 849,51 euros, 39,25 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto dos conceptos non salariais/indemnización que ascenden a 170,77 euros), máis outros 125,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva a efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Janet Milagros Martínez Hernández, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza