Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 166/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 166/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Casas Modulares Panel Noroeste, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 279/18, do 25 de xuño, ditada no procedemento ordinario 558/2016 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, contra Casas Modulares Panel Noroeste, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 80,64 euros en concepto de principal, máis outros 8,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Casas Modulares Panel Noroeste, S.L. co fin de que, no prazo de dez días aboe a cantidade de 80,64 euros en concepto de principal, máis outros 8,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0166 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Casas Modulares Panel Noroeste, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, para que achegue o número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Casas Modulares Panel Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza