Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 150/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Varela Moure contra Euroquit, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 231/18, do 11 de maio, ditada no procedemento DSP 74/18 a favor da parte executante, Manuel Varela Moure, contra Euroquit, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 1.187,53 euros en concepto de principal, máis outros 118,75 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018.

Parte dispositiva:

Acordo acumular á presente execución de títulos xudiciais 150/2018 as execucións seguidas neste órgano xudicial co número 158/2018.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euroquit, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza