Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47713

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (206/2017).

Patricia López Cousillas, letrada da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín.

No procedemento de divorcio contencioso número 206/2017 ditouse sentenza o 4 de outubro de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 69/2018

Marín, 4 de outubro de 2018.

Vistos por min, Rosario Rodríguez López, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio seguidos baixo o número 206/2017, por instancia da procuradora M. de los Á. G. Á., en nome e representación de M. F. E., baixo a dirección letrada de C. V. C., contra José Barreiro Vizoso, declarado en situación de rebeldía procesual, procédese a ditar a presente sentenza conforme os seguintes...

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora M. de los Á. G. Á., en nome e representación de M. F. E., contra José Barreiro Vizoso, declarado en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio contraído o día 14 de febreiro de 2010, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non procede facer especial pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Líbrese testemuño da presente resolución para a unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra de conformidade co disposto nos artigos 457 e ss. da LAC.

Unha vez asine esta sentenza practíquense as inscricións previstas na Lei do rexistro civil.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado José Barreiro Vizoso, para que sirva de notificación en forma, expido o presente edicto.

Marín, 9 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza