Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 719/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 719/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo Fernando Valiente Sanandres contra Districol 2015, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Arturo Fernando Valiente Sarandeses contra a entidade Districol 2015, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Districol 2015, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 642,1 euros brutos en concepto de cantidades debidas por diferenzas salariais en abril e maio de 2017, e a compensación económica polas vacacións non gozadas, e 2.016 euros brutos por horas extra realizadas durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Districol 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza