Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47451

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN845A).

O 28 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN845A).

No seu artigo 2 establécese a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento da devandita subvención, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo de declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Actualmente, na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible procedente de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN845A).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe (€)

Inicial

09.A3.561A.781.0

2015.00016

1.872.000 €

Ampliación

09.A3.561A.781.0

2015.00016

193.000 €

Total

09.A3.561A.781.0

2015.00016

2.065.000 €

Esta ampliación de crédito suporá unha modificación dos criterios de valoración e selección recollidos no artigo 10, dado que modifica o valor de «Vp», pasando así a ser:

Vp: valor monetario de cada punto obtido pola fórmula Vp = 2.065.000,00/∑ Pi

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación