Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47449

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

A Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (códigos de procedemento MR462B e MR462C), establece no artigo 42 que a primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberá ser executada, pagada e xustificada con data límite do 31 de outubro de 2018, de acordo coa modificación realizada a través da Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convócan para o ano 2018.

Dado o atraso existente na tramitación das respostas aos requirimentos realizados ás solicitudes preaprobadas, non vai ser posible realizar a concesión das subvencións antes do 31 de outubro de 2018, polo que é necesario ampliar novamente devandito prazo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do artigo 42 da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018

O artigo 42 queda redactado do seguinte modo:

«A primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberá ser executada, pagada e xustificada con data límite do 19 de novembro de 2018».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural