Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47448

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018.

A Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018, establece no artigo 33 que o prazo de xustificación para a primeira anualidade terminará o día 31 de outubro de 2018.

Valorando a escasa marxe que existirá entre a notificación da concesión das subvencións e a data fixada no devandito artigo para que as beneficiarias executen a primeira anualidade, posponse ao 19 de novembro de 2018.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da letra a) do artigo 33 da Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018

A letra a) do artigo 33 queda redactada do seguinte modo:

«a) O día 19 de novembro de 2018 para a primeira anualidade».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural