Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47453

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2018 pola que se modifica o prazo de xustificación establecido no artigo 20 da Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN845A).

O 28 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O artigo 20.2 da Resolución do 11 de xuño de 2018 establecía o seguinte prazo de xustificación da axuda:

1) A xustificación do anticipo do 50 % da subvención concedida a que se refire o artigo 21.1 deberá realizarse no prazo máximo dun mes a partir da transferencia dos fondos correspondentes sempre que este prazo non sexa superior ao 31 de outubro de 2018.

2) A xustificación do importe total ou restante da subvención concedida terá como data límite de presentación o 31 de outubro de 2018. Non obstante, se existen cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación (cotas do mes de outubro) éstas terán como data límite o 14 de decembro de 2018.

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivado pola complexidade das solicitudes presentadas e polo seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo 20.2 da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 20.2 da Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018

Os números 1 e 2 do artigo 20.2 do prazo de xustificación da axuda quedan redactados do seguinte xeito:

1) A xustificación do anticipo do 50 % da subvención concedida a que se refire o artigo 21.1 deberá realizarse no prazo máximo dun mes a partir da transferencia dos fondos correspondentes sempre que este prazo non sexa superior ao 30 de novembro de 2018.

2) A xustificación do importe total ou restante da subvención concedida terá como data límite de presentación o 30 de novembro de 2018. Non obstante, se existen cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación (cotas do mes de novembro) estas terán como data límite o 20 de decembro de 2018.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación