Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 188/2018).

ETX. Execución de títulos xudiciais 188/2018

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 181/2018

Sobre despedimento

Demandante: Ainhoa Alberdi Fernández

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 188/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ainhoa Alberdi Fernández contra Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ainhoa Alberdi Fernández, contra Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 9.354,48 euros en concepto de principal (2.836,77 euros en concepto de indemnización e 6.517,71 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 935,44 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC). A executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada, Gestio Illahotels, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 9.354,48 euros en concepto de principal (2.836,77 euros en concepto de indemnización e 6.517,71 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 935,44 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0188 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Gestio Illahotels, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Ainhoa Alberdi Fernández, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter nesta execución.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza