Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (337/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 337/2016 por instancia de Víctor David Celemín González contra Ecored Comercio, S.L. e o Fondo de Gatarantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 29 de maio de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Víctor David Celemín González contra a empresa Ecored Comercio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Ecored Comercio, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil oitocentos corenta e cinco euros con noventa e un céntimos de euro (1.845,91 euros), así como a cantidade de cento oitenta e catro euros con cincuenta e nove céntimos de euro (184,59 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e este deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ecored Comercio, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza