Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1098/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1098/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Porto Eirís contra a empresa Setillas, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 3 de outubro de 2018

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1098/2015, en que son parte, dunha banda, como demandante, María Ángeles Porto Eirís, representada pola letrada Sonia González Valcarce, e, como demandada, Setillas, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Ángeles Porto Eirís, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Setillas, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.000,74 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o xuro por mora correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Setillas, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza