Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46922

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN conxunta do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.

A Orde do 10 de decembro de 1997 creou e regulou as xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.

A Orde do 11 de novembro de 1999 creou e regulou a Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario e modificou a devandita Orde do 10 de decembro de 1997.

A Resolución do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario, recolle no seu artigo primeiro que a elección dos directores que formarán parte das citadas xuntas provinciais se efectuará nas datas fixadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coincidindo coa renovación dos consellos escolares no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución conxunta do 17 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario, recolle no seu artigo primeiro que a elección dos directores que formarán parte da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario se efectuará a continuación do proceso de renovación das xuntas provinciais de directores, nas datas fixadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional iniciou un proceso de revisión e actualización da normativa reguladora tanto das xuntas provinciais como da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario.

Estas direccións xerais, en uso das atribucións expresadas na disposición derradeira primeira da Orde do 10 de decembro de 1997 e na disposición derradeira primeira da Orde do 11 de novembro de 1999,

RESOLVEN:

Artigo 1. Modificación da Resolución do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario

A Resolución do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario queda redactada como segue:

Un. O parágrafo primeiro do artigo primeiro queda redactado como segue:

«A elección dos directores que formarán parte das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario, e a constitución delas, efectuarase nas datas fixadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional».

Disposición transitoria primeira. Permanencia como integrantes nas xuntas

As persoas representantes que deberían ser substituídas polo remate do período de tempo para o que foron elixidas permanecerán como integrantes das xuntas ata que se produza a próxima convocatoria de elección dos membros das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario.

Disposición transitoria segunda. Baixas

No caso das baixas temporais, das baixas de representantes por deixaren de reunir os requisitos necesarios para pertenceren á xunta ou por calquera outra circunstancia, estarase ao establecido no artigo 9 da Resolución do 4 de febreiro de 1998 e no artigo 9 da Resolución do 17 de novembro de 2000.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros
e Recursos Humanos

Manuel Corredoira López

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa