Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (203/2018).

Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 203/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Redondo Silva contra Las Pepas Hostelería, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva establece:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Inés Rey García contra a entidade Las Pepas Hostelería, S.L., en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con data do 21 de febreiro de 2018, condenando a que a entidade Las Pepas Hostelería, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, proceda a completar o aboamento da indemnización que por despedimento lle correspondería a razón de 1.977,44 euros, da que restarían por aboar 1.186,63 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E ditouse con data do 30 de agosto de 2018 auto de aclaración de sentenza, co seguinte contido:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos con data do 16 de xullo de 2018, así onde di (feito probado primeiro e segundo, e resolución) a demandante Inés Rey García, debe dicir: Patricia Redondo Silva, manténdose os restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e advírteselles que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza ditada, cuxo prazo de formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Las Pepas Hotelería, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza