Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (262/2017).

PO. Procedemento ordinario 262/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Laura García Torreira

Avogada: Ana Vanesa Botana Castro

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, administración concursal Argo Asociados y Asesores Tributarios, Confecciones Deus, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa, Isaías González García

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 262/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura García Torreira contra o Fondo de Garantía Salarial, a administración concursal de Argo Asociados y Asesores Tributarios, Confecciones Deus, S.L., foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Laura García Torreira contra Confecciones Deus, S.L., e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Confecciones Deus, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 952,19 € brutos, por salarios devindicados en febreiro de 2016, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza