Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (433/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada Administración de xustiza Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 433/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rita María Lema Traba contra a empresa Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. Recmosa, Asociación Club Financiero Atlántico, Irene Fernández Martínez, administrador concursal Remocsa, Ramón Castiñeira González, José Cantorna Agra, Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, logo de desestimación da excepción proposta, debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Rita María Lema Traba contra Asociación Club Financiero Atlántico, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Irene Fernández Martínez, Ramón Castiñeira González e José Cantorna Agra, absolvo os demandados e confirmo o cesamento producido.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. Recmosa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza