Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 69/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elizabeth Sanjorge Maquiera contra Three Telecom 2014, S.L., sobre despedimento, foi ditado auto despachando execución no 18.9.2018, contra o cal se pode recorrer en reposición no prazo de tres días, así como dilixencia de ordenación da mesma data sinalando incidente sobre ampliación de execución. Ambas as resolucións se encontran ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza