Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46475

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (PO 315/2017).

Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que ditou sentenza o 19 de setembro de 2018 Rosa Lama Marra, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo ordinario número 315/2017 promovidos por María de la Consolación Castro Lago, en representación de Josefina Lago Rey, representada pola procuradora dos tribunais Ana Belén García Quintáns e asistida polo letrado Francisco Serafín Blanco Mariño, contra José Lago Rey, Modesto Lago Rey e Arturo Lago Rey, en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados do seguinte á súa notificación, con cita da resolución apelada e manifestación da vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que se impugnan. De conformidade coa disposición adicional quinta da LOPX, modificada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, cómpre que, con carácter previo á admisión do recurso, se consigne na conta de consignacións e depósitos do xulgado a cantidade de 50 euros en concepto de depósito para recorrer.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente notifícase a José Lago Rey, Modesto Lago Rey e Arturo Lago Rey, en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 19 de setembro de 2018

Fátima García Castro
Letrada da Administración de xustiza