Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46474

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO de notificación de sentenza (F02 337/2017).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza no 16 de maio de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Mondoñedo, 16 de maio de 2018.

Decido:

Acordar as seguintes medidas definitivas:

1ª. A atribución da garda e custodia da menor Anais María Nedelea Fernández a Ana Belén Fernández Álvarez, a quen tamén se atribúe o exercicio da patria potestade, sen que proceda fixar na presente resolución réxime de visitas ningún.

Non obstante, pai e filla poderán manter comunicación telefónica coa asiduidade que for posible e coa colaboración activa necesaria da nai para iso.

2ª. En concepto de pensión alimenticia, Aurel Nedelea aboará, por meses anticipados e dentro dos primeiros cinco días de cada mes, a cantidade de 150 euros mensuais, que será actualizada anualmente segundo o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística.

Don Aurel aboará, igualmente, a metade dos gastos extraordinarios.

Non procede realizar expresa imposición das custas percibidas na tramitación do presente procedemento».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Aurel Nedelea, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 27 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza