Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46473

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1201/2018).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1201/2018

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 90/2017. Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: María Pilar Pampín Redonda

Avogada: María Loreto Briones Amor

Recorrido: Estudios del Noroeste, S.A.

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1201/2018 desta sección, seguido por instancia de María Pilar Pampín Redonda contra a empresa Estudios del Noroeste, S.A., sobre incidentes de execución, ditouse resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

Na Coruña o 12 de xullo de 2018.

Visto o escrito presentado pola letrada Sra. Briones Amor, en representación de María Pilar Pampín Redonda, que interpón incidente de nulidade de actuacións, únase.

Conforme ao disposto no artigo 541.2 da LOPX dese traslado á contraparte para que no prazo de cinco días alegue por escrito o que ao seu dereito conveña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estudios del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza