Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00501 e sete máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/M/2017/00501 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-02442-O-2014

RA/M/2017/00501

1027-FZF

ST97 Transporte y Logística, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas utilizando vultos sen as marcas e etiquetas prescritas polo ADR Parte 5.

5.6.2014; 13.45; VG-20; 13,00.

Art. 140.15.5 LOTT

4.001,00 €

Estimar parcialmente e rebaixar a contía da sanción a 801 €.

PO-03582-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00673

9029-HTL

Hilaturas Illan, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

19.10.2014; 20.00; A52; 278,3.

Art. 140.23 LOTT

2.200,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

LU-02692-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00703

1959-GSY

Muralla Bus, S.L.

A realización de transporte regular de viaxeiros de uso especial, carecendo de título habilitante.

5.11.2014; 17.05; LU-115; 10,100.

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

PO-00093-S-2015

RA/DXM/CIV/2017/00723

PO-9370-BD

Tour Vigo

Express, S.L.

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas de UE reguladoras da materia atribúanlle a consideración de infracción moi grave.

19.11.2014; 9.10; avda. Beiramar (Auditorio)

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

LU-02649-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00737

5757-FDG/R-3576-BBN

Trans San Bartolomé, S.L.

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que, por calquera outra causa, perdese a súa validez.

28.10.2014; 9.05; LU546; 0,1.

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

LU-02608-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00747

5757-FDG/R-3576-BBN

Trans San Bartolomé, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24 horas.

28.10.2014; 9.05; LU546; 0,1.

Art. 140.37.6 LOTT

1.500,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

PO-00592-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00080

0089-BWS

Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

15.12.2014; 17.15; N550; 126,0.

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

PO-00509-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00103

2400-FZF

Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, ou falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

23.1.2015; 9.03; N550; 127,5.

Art. 140.9 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.