Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, a compatibilidade cun dereito mineiro, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal, do parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas (A Coruña) e promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (expediente IN661A 2011/10-1).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, a compatibilidade cun dereito mineiro, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal, do parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas (A Coruña) e promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (IN661A 2011/10-1).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, a compatibilidade cun dereito mineiro, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal, do parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas (A Coruña) e promovido
por Renovables Aragón, S.L.U. (IN661A 2011/10-1)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Renovables Aragón, S.L.U. en relación coa declaración de utilidade pública do parque eólico Mouriños (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Mouriños, cunha potencia de 33 MW e promovido por Gestamp Eólica, S.L.

Segundo. O 28.6.2011, Gestamp Eólica, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico Mouriños.

Terceiro. O 10.2.2016, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas procedeu a tomar razón da subrogación nos dereitos e obrigas asumidos por Gestamp Eólica, S.L., con respecto á instalación do parque eólico Mouriños a favor da sociedade filial unipersoal Renovables Aragón, S.L.U., de acordo coa redacción vixente nese momento do artigo 36.1.e) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. O 24.5.2016, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas procedeu a tomar razón do cambio de accionariado en Renovables Aragón, S.L.U. (en diante, a promotora).

Quinto. O 3.10.2016, a promotora solicitou a renuncia parcial da potencia adxudicada recollida no antecedente de feito primeiro, conxuntamente coa autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico, sendo a potencia final de 9,61 MW.

Sexto. Por Resolución do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, aceptouse a renuncia parcial de potencia do parque eólico Mouriños, quedando o parque eólico admitido a trámite por 9,61 MW.

Sétimo. Por Acordo do 19 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Mouriños.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 4.7.2017, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 22.6.2017 e no xornal La Voz de Galicia do 29.6.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Cabana de Bergantiños e Zas), da xefatura territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no anexo desta resolución:

– Poñen de manifesto unha ampla relación de valores naturais da zona incluídos na Rede Natura 2000 e na Rede Galega de Espazos Protexidos, entre eles: ZEPVN Costa da Morte, ZEPVN Costa da Morte (Norte), ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte (Norte). Expoñen que os aeroxeradores afectan algúns destes espazos.

– Que a potencia que se vai evacuar do parque eólico é de 9,61 MW non de 10 MW.

– Solicitude de modificación do trazado dun vial de acceso.

– Existencia do permiso de investigación Regalados, núm. 7099 do que é titular a comunidade de herdeiros de Eliseo Xullo Mato Abelenda.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade dos predios afectados, coas referencias catastrais das parcelas, coas superficies afectadas, cos tipos de cultivos e coa clasificación do solo.

– Solicitudes de compensacións económicas polos bens e dereitos afectados.

– Solicitan que emita informe a Consellería do Medio Rural, sobre os valores forestais e silvícolas da zona afectada e as súas repercusións; Turismo, en relación co impacto no turismo verde ou interior do Concello de Cabana de Bergantiños e Zas e a súa área de afección; Augas de Galicia, en relación coa captación de augas e de vertedura; Paisaxe, en relación cos impactos na paisaxe da área afectada; o Igape, sobre a viabilidade económico-financeira do proxecto eólico; e Natureza, en relación coa conectividade ecolóxica.

– Solicitan que se baralle a posibilidade da situación deste proxecto noutros concellos nos que xa existen outros parques eólicos ou se opte por repotenciar outros existentes.

– Solicitan que se emita o informe da Administración sobre as medidas de seguridade e o risco de incendios forestais.

– Solicitan que se rexeite o proxecto pola súa incompatibilidade coa paisaxe, ambiente, turismo e montes.

– Solicitan que a empresa analice os impactos directos e indirectos sobre a poboación e as distancias ás poboacións máis próximas.

– Solicitan medidas para compensar os efectos adversos sobre o ambiente.

– Presentan queixas sobre a limitación de acceso ao expediente en fase de información pública ao non poder facelo por web institucional.

– Solicitan mellora dos estudos de risco de mortaldade de aves e quirópteros, así como do programa de vixilancia ambiental do parque eólico proxectado e determinación dos obxectivos de conservación da biodiversidade.

– Manifestan a prevalencia da protección ambiental, paisaxística e forestal sobre o interese público da garantía de subministración eléctrica na avaliación do impacto dos parques eólicos.

– Solicitan que se revise a normativa sectorial para evitar unha desmesurada ocupación do territorio polos eólicos en detrimento dos valores paisaxísticos, turísticos, ambientais e forestais.

– Alegan que non existe un interese público polo parque eólico, que o proxecto é prescindible, que non houbo intento de acordo cos afectados para evitar a expropiación, que o lugar elixido non é o apropiado, vulnerando distintas directivas europeas de conservación de hábitats e aves, que provoca un impacto económico negativo para a economía dos veciños, efectos negativos sobre os campos electromagnéticos da liña de evacuación, sabotaxe do aforro enerxético, continuando coas políticas de promoción enerxética fronte á xestión da demanda, ausencia de aceptación social do proxecto, cómpre buscar unha mellor alternativa co ambiente para este parque eólico.

– Solicitan que a empresa avalíe e cuantifique os efectos previsibles directos e indirectos acumulativos e sinérxicos do proxecto sobre a poboación, a saúde, a flora, a fauna, a biodiversidade, a xeodiversidade, o solo, o subsolo, o aire, a auga, o clima, a paisaxe, o patrimonio cultural, os bens inmateriais e a interacción entre todos os ditos factores durante todas as fases do parque eólico.

– Solicitan que se paralice o proceso de autorización mentres non se aprobe o catálogo de protección da paisaxe da Costa da Morte e as súas directrices, e que se rexeite a solicitude por non ser autosuficiente e non revestir un carácter global, ao non ter en conta todos os aspectos e infraestruturas necesarias para a posta en funcionamento do parque eólico.

– Manifestan a ausencia do trámite de aceptación social do proxecto e que falta a análise das posibles afeccións á veciñanza afectada.

Oitavo. O 5.9.2017, a Sección de Minas da xefatura territorial informou sobre a existencia no perímetro do parque eólico do permiso de investigación Regalados, núm. 7099 (outorgado) e do permiso de investigación Grafo, núm. 6919 (caducado).

Noveno. O 26.10.2017, a promotora solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Décimo. O 13.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Décimo primeiro. O 22.12.2017, a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo segundo. O 1.2.2018, a promotora achegou nova documentación para os efectos da valoración ambiental da modificación do modelo de aeroxerador. Esta modificación implica a eliminación do aeroxerador M1, aumentando a potencia nominal dos outros tres ata os 3.450 kW, fronte aos 2.500 kW do modelo inicial.

Décimo terceiro. O 4.4.2018, a Sección de Minas da xefatura territorial informou sobre a existencia no perímetro do parque eólico modificado do permiso de investigación Regalados, núm. 7099 (outorgado) e do permiso de investigación Grafo, núm. 6919 (caducado).

Décimo cuarto. O 6.4.2018, esta dirección xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal o informe de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Décimo quinto. O 11.4.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto, así como se procedeu a publicar no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado o Anuncio do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notificou a varios interesados da solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Mouriños (expediente IN661A 2011/10-1).

Décimo sexto. O 23.4.2018, en aplicación do disposto no punto 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolles aos titulares do permiso de investigación Regalados, núm. 7099 (outorgado) un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que estimasen oportunos.

Décimo sétimo. O 27.4.2018, a comunidade de herdeiros de Eliseo Xullo Mato Abelenda, titulares do permiso de investigación Regalados, núm. 7099, recibiron a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentaron ningunha alegación durante o citado prazo de 15 días.

Décimo oitavo. O 30.4.2018, o Servizo de Montes da Coruña informou que o monte de natureza demanial CUP Cesullas, do cal o Concello de Cabana de Bergantiños aparece como titular, pode verse afectado pola instalación do parque eólico Mouriños.

Décimo noveno. O 4.5.2018, Josefa Fuentes Gabín presentou unha alegación relativa á declaración de utilidade pública do parque eólico.

Vixésimo. O 4.5.2018, Juan Miguel Rivera Mato presentou unha alegación relativa á declaración de utilidade pública do parque eólico.

Vixésimo primeiro. O 7.5.2018, en aplicación do disposto no punto 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolle ao titular do monte de natureza demanial CUP Cesullas un prazo de 15 días para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que estimase oportunos.

Vixésimo segundo. O 10.5.2018, o Concello de Cabana de Bergantiños recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o citado prazo de 15 días.

Vixésimo terceiro. O 16.5.2018, Manuel Rey Bertoa presentou unha alegación relativa á declaración de utilidade pública do parque eólico.

Vixésimo cuarto. O 29.6.2018, a comunidade de herdeiros de Eliseo Xullo Mato Abelenda, titular do permiso de investigación Regalados, num. 7099, achegou unha alegación en relación coa afección do parque eólico ao dito dereito mineiro.

Vixésimo quinto. O 4.7.2018, a xefatura territorial emitiu o informe sobre a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros afectados, en conformidade co punto 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Neste informe determínase que non existe incompatibilidade do parque eólico con ningún dereito mineiro vixente.

Vixésimo sexto. O 13.7.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou que non se observan impedimentos para o recoñecemento da utilidade pública do parque eólico.

Vixésimo sétimo. O 16.7.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que o parque eólico é compatible co aproveitamento forestal do monte de natureza demanial CUP Cesullas.

Vixésimo oitavo. O 16.7.2018, a promotora deu resposta á alegación presentada pola comunidade de herdeiros de Eliseo Xullo Mato Abelenda o 29.6.2018.

Vixésimo noveno. O 17.7.2018, en vista da alegación presentada polos titulares do permiso de investigación Regalados nº 7099 o 27.4.2018 e da resposta da promotora do 16.7.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitoulle á xefatura territorial a ratificación do informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade cos dereitos mineiros afectados emitido o 4.7.2018. O 30.7.2018, a xefatura territorial ratificou o informe do 4.7.2018, recollido no antecedente de feito vixésimo quinto.

Trixésimo. Por Resolución do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previas e de construción do parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña) e promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (IN661A 2011/10-1).

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. Co obxecto de aclarar as alegacións presentadas en relación cos procedementos realizados durante a tramitación do proxecto, así como os posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que este foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, resultado do cal formuloulle a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 19.7.2018 a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico.

3. No que respecta á alegación relativa á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o punto 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito punto ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. No que respecta á compatibilidade ou incompatibilidade, e se é o caso, a prevalencia, entre o parque eólico e os dereitos mineiros e/ou os aproveitamentos forestais afectados, cabe indicar que o proxecto do parque eólico foi sometido ao trámite a que se fai referencia no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

5. Con respecto á limitación de acceso a información á cidadanía, deuse cumprido trámite de información pública segundo a normativa sectorial correspondente; a Lei 8/2009, do 22 de decembro, e segundo a normativa ambiental; a Lei 21/2013, do 9 de decembro. No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar, e así se reflicte na declaración de impacto ambiental, que a normativa que rexe este procedemento incorpora as disposicións previstas no Convenio de Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Mouriños, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico Mouriños co dereito mineiro permiso de investigación Regalados, núm. 7099.

Terceiro. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico Mouriños sobre o interese xeral do aproveitamento forestal CUP Cesullas, en conformidade co informe da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 16.7.2018.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo:

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sétimo:

José Martínez Fuentes, o 8.7.2017; Carmen Insua Muñiz, o 12.7.2017; Mª Fátima Ares Arias, o 19.7.2017; Unión Fenosa Distribución, S.A., o 19.7.2017; Sociedade Galega de Historia Natural, o 21.7.2017; Asociación Ambiental Cova Crea, o 26.7.2017; Asociación Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns, o 26.7.2017; Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, o 26.7.2017; Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo e Asociación Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns, o 27.7.2017; Emilia Nicole Díaz Rodríguez, o 1.8.2017; Luis Alfonso Rieiro Noya, o 1.8.2017; Juan José Martínez Collazo, o 2.8.2017; María Josefa Santos Blanco, o 3.8.2017; Mª Ángela Castro Fernández, o 3.8.2017; Esperanza Pose Fariña, o 3.8.2017; Manuel Varela García, o 4.8.2017; Ramón Avelino López Verdini, o 4.8.2017; Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris, o 7.8.2017; Rosa María Varela Parga, o 7.8.2017; Javier Rivera Martínez, o 7.8.2017; Jesús Maroñas Cousillas, o 8.8.2017; Josefa Fuentes Gabín, o 8.8.2017; Iñaki Varela Pérez, o 9.8.2017; Asociación ecoloxista Verdegaia, o 9.8.2017; Olalla Villaronga Seoane, o 9.8.2017; Manuel Ramos Castro, o 10.8.2017; Pablo David Gómez Ramos, o 14.8.2017; Iván Mato Rama, o 14.8.2017; Jacinto Alejandro Rivera Fariña, o 14.8.2017; Cristina Rivera Martínez, o 14.8.2017; Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana, o 16.8.2017; Dolores Rivera Espandín, o 16.8.2017; Emilio Varela Lamela, o 16.8.2017; Partido Ecologista Equo Galicia, o 16.8.2017 e o 17.8.2017; Verónica Crecente Cabana, o 17.8.2017; Saleta Docampo Crecente, o 17.8.2017; Xoana Docampo Crecente, o 17.8.2017; Tamara Eiroa Canosa, o 17.8.2017; Bruno Figueiras Castro, o 17.8.2017; Lucía García Martínez, o 17.8.2017; Estefanía Martínez Varela, o 17.8.2017; Concepción Meitín Álvarez, o 17.8.2017; Amancio Nodar Juste, o 17.8.2017; María Paz Díaz, o 17.8.2017; Alejandro Rivera Bernárdez, o 17.8.2017; Martiño Rivera Dourado, o 17.8.2017; Purificación Rivera Pose, o 17.8.2017; Martín Senande Rivera, o 17.8.2017; Martín Senande Vázquez, o 17.8.2017; Divina María Souto, o 17.8.2017; Asociación Suma Justicia, o 17.8.2017; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), o 17.8.2017; Adega Lugo, o 17.8.2017; Asociación Salvemos Catasós, o 17.8.2017; Asociación Víctimas de la Justicia Jurisdiccional, o 17.8.2017; José Mª Casal Gómez, o 17.8.2017; Roberto Trigo Real, o 17.8.2017; Perfecto Lema Suárez, o 18.8.2017; Comité de Defensa das Rías Altas, o 18.8.2017; Francisco Enrique Blanco Ameijenda, o 18.8.2017; Nery Zoe Cantero Prieto, o 18.8.2017; Nery Díaz Prieto, o 18.8.2017; Fernando García Fernández, o 18.8.2017; Juan Benito Martín Díaz, o 18.8.2017; Aixamer Martín Louro, o 18.8.2017; Adriana Ramos Mouzo, o 18.8.2017; Mª del Carmen Sarmiento Marqués, o 18.8.2017; José Antonio Fernández Rodríguez, o 21.8.2017; Antón García Fernández, o 21.8.2017; Ana Mª Rodríguez Freire, o 21.8.2017; David Cancela García, o 21.8.2017; Sergio Caamaño Maroñas, o 21.8.2017; Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, Asociación Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns e Asociación Ambiental Cova Crea, o 22.8.2017; Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro, o 22.8.2017; Asociación A Terra Non Se Vende (ATNSV), o 22.8.2017; Mª Filomena Domínguez Velay, o 22.8.2017; Mª Teresa Dourado Martínez, o 22.8.2017; Carlos Fariña Romero, o 22.8.2017; Osvaldo Santos Lobelos, o 22.8.2017; Xan Carlos Sar Oliveira, o 22.8.2017; Luz Susana Seoane López, o 22.8.2017; Manuela Marina Valiña Domínguez, o 22.8.2017; Comunidade de Augas Fonte do Rechabo de Corcoesto, o 28.8.2017.