Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de setembro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a varios interesados unha solicitude de información pública relativa aos informes de conselleiros de seguridade.

Na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte recibiuse solicitude de acceso á información pública relativa aos informes de conselleiros de seguridade das empresas obrigadas a súa emisión.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, mediante este anuncio emprázanse aos interesados que figuran no anexo para que fagan as alegacións que consideren oportunas, xa que non foi posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais terán un prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para facer, ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, as súas alegacións. As persoas obrigadas e aquelas que opten pola súa presentación telemática deben facelo exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/) empregando para o efecto o procedemento presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun molelo electrónico normalizado (código PR004A). Para aqueles suxeitos que non estén obrigados á presentación electrónica e opten pola presentación en papel, presentarán as súas alegacións nos lugares previstos na normativa xeral de procedemento administrativo, dirixidas á Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, sita na praza de Europa, 5A-2º As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

Transcurrido o prazo indicado no parágrafo anterior sin que se efectúen alegacións, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Forgamer, S.L.

Serloga 2005, S.L.

Distribución Vázquez y Villar, S.L.

Agroval, S.L.

Benteler Automotive Vigo, S.L.

Gasocentro Caldas, S.L.

Viza Automoción, S.A.