Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a corrección de erros da resolución do expediente sancionador 2018205TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 18 de xullo de 2018 a xefa territorial de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador número 2018205TA-PO, incoado a Ylaria Jiménez Santos, con DNI 77481872R, como titular do establecemento Pub Círculo Tropical, cuxa cédula foi publicada no DOG número 171, do 7 de setembro, e no TEU do BOE número 220, do 11 de setembro e ID N1800615062, e que non contiña o texto íntegro da resolución senón un extracto dela.

Posteriormente, o 6 de setembro de 2018 a xefa territorial de Pontevedra ditou unha resolución de corrección de erros da resolución deste expediente sancionador mediante a que se modificou un parágrafo que non fora obxecto de publicación nos boletíns oficiais.

Tras intentar a notificación desta corrección de erros consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Ylaria Jiménez Santos o contido da dita corrección de erros, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Unha vez emendado o erro advertido, infórmaselle de que dispón do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros para interpoñer recurso de alzada, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 8 de outubro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Corrección de erros:

Con data 18.7.2018 a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou resolución na que impoñía a Ylaria Jiménez Santos, como autora dunha infracción leve tipificada no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, unha sanción de setenta e cinco euros (75 €) prevista no artigo 20.1 desa lei.

Advertido un erro no corpo da resolución procédese á emenda deste e no parágrafo onde di:

«De conformidade co artigo 85.3 da Lei 39/2015, e do artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xulio, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo de 1998) dispón dun prazo de dous meses a partir da recepción desta notificación para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os art. 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo».

Debe dicir:

«Contra a presente resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro».