Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018082TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 10 de agosto de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018082A-OU incoado a Orlando González Fernández, co DNI 34965548M, e enderezo na Estrada de Celanova, nº 18, 32911 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita Lei, notifícase a Orlando González Fernández, co DNI 34965548M, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 25 de setembro de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2018082TA-OU.

Interesado: Orlando González Fernández.

DNI/NIF/CIF: 34965548M.

Último enderezo coñecido: Estrada de Celanova, nº 18, 32911 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010.

Artigo 7.u). Artigo 19.3.b).

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).